PUBLICACIÓN EN LA PAGINA WEB DE LA XUNTA LA AMPLIACIÓN DE PLAZO DE DISFRUTE DEL CUARTO DÍA.

A Xunta amplía ata o 31 de marzo de 2014 o prazo para que o persoal funcionario dispoña dun día máis de asuntos persoais correspondente a 2013

Galicia aplica os mesmos criterios no eido da concesión de permisos que a Administración do Estado, cuxo prazo remata o 15 de febreiro
Función Pública amplía o prazo para facilitar que os empregados galegos teñan máis marxe para disfrutar deste permiso e para garantir o normal funcionamento da Administración
Volver
Santiago, 27 de decembro de 2013.- A Dirección Xeral da Función Pública ampliará ata o 31 de marzo de 2014 o prazo para que o persoal funcionario da Administración galega poida dispoñer dun día máis de asuntos persoais correspondente a 2013. Este prazo remataba o 31 de xaneiro, pero amplíase para dar máis marxe aos empregados públicos da Xunta á hora de solicitar este permiso e que, ao mesmo tempo, o normal funcionamento da Administración non se vexa afectado.
A Xunta aplica neste eido os mesmos criterios que a Administración do Estado, de forma que o persoal funcionario da Administración galega dispón dos días para asuntos persoais sen xustificación que establece a lexislación básica da Estado. É dicir, que o persoal funcionario da Xunta goza dos mesmos permisos que os empregados públicos do Estado.
A disposición adicional cuarta da Ley 9/2013, do 20 de decembro, ampliou nun día máis o número de permisos para asuntos persoais que establece o Estatuto Básico do Empregado Público. Esta modificación xa ten efectos para 2013, pero dado que o ano está a rematar, a Dirección Xeral da Función Pública amplía a posibilidade de dispoñer deste día ata o 31 de marzo de 2014, respectando as necesidades do servizo.
Ademais, o prazo que establece a Xunta de Galicia é máis amplo que o aprobado pola Administración do Estado, que prolongou o prazo de desfrute ata o 15 de febreiro de 2014.