PUBLICACIÓN DE LA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DEL CONCURSO DE TRASLADOS EN BOE.

MINISTERIO DE JUSTICIA
Destinos
  • Orden JUS/2151/2013, de 28 de octubre, por la que se resuelve el concurso de traslado entre funcionarios de los Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia, convocado por Orden JUS/752/2013, de 15 de abril.
    COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA
    Destinos
    • Resolución de 28 de octubre de 2013, de la Dirección General de Justicia, de la Consejería de Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia, por la que se resuelve el concurso de traslado entre funcionarios de los Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa, de Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia, convocado por Resolución de 15 de abril de 2013.
LOS CESES SE REALIZARÁN EN LAS SIGUIENTES FECHAS Y FORMA:

Información sobre cesamentos e tomas de posesión correspondentes ao concurso de traslados de 2013


O vindeiro martes 19 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 28 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 15 de abril de 2013.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, agradeceríase a formalización das tomas de posesión entre as 9.00 e as 11.00 horas e a dos cesamentos entre as 12.00 e as 14.00 horas de luns a venres. (Fóra destas franxas horarias o acceso ás dependencias dos respectivos servizos de persoal de xustiza pode ter restricións.)
Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (para o corpo de tramitación o día 26.11.2013, para o de auxilio e xestión o día 03.12.2013), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
  • Fotocopia do DNI
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e/ou tarxeta de Muxexu
  • Certificado de haberes
  • Certificación ou copia dos trienios
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
  • Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado na comunidade:
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da C.A. de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer entrega da tarxeta de identificación persoal e de control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao correspondente servizo de xustiza.
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse o máis axiña posible ao correspondente servizo de xustiza.