EGAP - FORMACIÓN: “WEBINARIO” UNHA VISIÓN NORMATIVA E XURISPRUDENCIAL SOBRE A VIOLENCIA MACHISTA EN ESPAÑA

 

No DOG do 10/12/2021 publicouse a seguinte disposición da *Escola Galega de Administración Pública (EGAP):*


RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se convoca o webinario Unha visión normativa e xurisprudencial sobre a violencia machista en España.


O obxectivo principal desta actividade é dar a coñecer os resultados dos estudos realizados polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero en que se analizan, desde un punto de vista científico-profesional, os datos da violencia machista en España e o resultado das últimas modificacións lexislativas e da súa aplicación por parte dos órganos xudiciais, así como da coordinación entre as institucións para tecer as redes de protección ás vítimas.


Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, (...) da Administración de xustiza e (...).


Data: xoves 16 de decembro de 2021.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.


As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 14 de decembro de 2021.


Máis información (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211210/AnuncioO150-031221-0001_gl.pdf