NOVOS AVISOS DE SUSTITUCIÓNS: 08-10-2021

Publicouse data do 08/10/2021, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

SOLICITUDES:
As peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico  enviado.

Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.

PRAZO:
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (11, 13 e 14 de outubro de 2021)
ANEXO I

Órgano xudicial da desocupación:

Xdo. Instrución n. 1 Ferrol

Motivo da desocupación:

Licenza por enfermidade

Corpo:

CTPA

 

Órgano xudicial da desocupación:

Xdo. do Social n. 2 Ferrol

Motivo da desocupación:

Vacante

Corpo:

CAX

 

Órgano xudicial da desocupación:

Xulgado 1ª Instancia e Instrución n. 1 Ribeira

Motivo da desocupación:

Vacante

Corpo:

CAX

 

Órgano xudicial da desocupación:

Decanato. Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución Vigo

Motivo da desocupación:

Vacante

    Corpo:    

CTPA