EGAP - CURSO MONOGRÁFICO: A INNOVACIÓN SOCIAL NO SECTOR PÚBLICO

 

No DOG do 19/10/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021 pola que se convoca o curso monográfico A innovación social no sector público.


Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público.


Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (...) da Administración de xustiza (...) que se encadren nalgunha das seguintes categorías: a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. b) Grupos I e II do persoal laboral.


Modalidade: teleformación.

Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2021.

Horas lectivas: 20.


A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo á dirección https://egap.xunta.gal/matricula.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 25 de outubro de 2021.


Acceso ao contido completo da convocatoria do curso (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211019/AnuncioO150-131021-0001_gl.pdf