PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS PARA 2021

 

É destinatario deste programa o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia. Este programa comprende tanto os funcionarios de carreira coma os interinos.


Duración: vinte e dous días hábiles, ou dos días que corresponda proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor.


No suposto de completar os anos de antigüidade na Administración que a

continuación se indican, terá dereito ao gozo dos seguintes días de vacacións anuais:

Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles.

Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles.

Vinte e cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles.

Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles.


A planificación das vacacións anuais realizarase distinguindo dúas tempadas:

TEMPADA “A”:

Do 01/07/2021 ata o 30/09/2021.

Semana Santa: do 29/03/2021 ata o 04/04/2021.

Nadal: do 20/12/2021 ata o 09/01/2022.

TEMPADA “B”:

Do 11/01/2021 ata o 28/03/2021.

Do 05/04/2021 ata o 30/06/2021.

Do 01/10/2021 ata o 19/12/2021.

Do 10/01/2022 ata o 31/01/2022.


As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:

- Para vacacións durante a tempada “A”: As vacacións de verán solicitaranse ata o 20 de xuño, as de Nadal ata o 15 de decembro.

- Para vacacións durante a tempada “B”: Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.


Fóra dos prazos ordinarios non se poderán efectuar pedimentos de vacacións agás por motivos debidamente xustificados ou de urxencia.


Solicitude e presentación:

De acordo co artigo 12 da Resolución do 12 de febreiro de 2014, pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e mais á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, as solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX) e asinaranse electronicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.


O/a letrado/a da Administración de Xustiza, a persoa responsable da oficina fiscal ou o/a director/a ou subdirector/a do Instituto de Medicina Legal (Imelga) informará sobre a incidencia da petición sobre o funcionamento do servizo. No caso de que o informe sexa negativo, farase constar a súa motivación, que será estudada por este centro directivo en atención ao establecido no presente plan de vacacións.


Unha vez informadas e validadas electronicamente polo superior funcional, as solicitudes pasarán inmediatamente a estar dispoñibles na bandexa de entrada da OPAX do servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente para a súa resolución.


Acceso ao contido completo do programa de vacacións 2021 (PDF):

https://drive.google.com/file/d/1AgqnFVbRNXgNBYBfEsk76LMwq9Whzn7m/view?usp=sharing