FORMACIÓN IMPARTIDA NA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DE XUSTIZA DIXITAL: CURSO “REFORZA O TEU COÑECEMENTO”

 

Formación dirixida ao persoal dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, destinados en Galicia.


O curso Reforza o teu coñecemento permite que mellores o dominio dos procesos e sistemas que empregas no teu día a día e que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.


Esta iniciativa formativa conta con varias videoaulas impartidas por un titor/a, a quen poderás consultar todas as túas dúbidas sempre que o precises.


Cando entres no curso, verás unha guía na que tes todas as indicacións sobre como seguilo.


Modalidade: 100% online.


​​Duración estimada: 4 horas.


Máis información e calendario (enlace a Intranet):

https://intranet.xustiza.gal/curso_reforzo_axe_2021