PUBLICACIÓN NO DOG de hoxe (12-01-2015) da RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014, da Dirección
Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e
excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa,
tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola
Resolución do 15 de xaneiro de 2014.
Pola que se resolve: Aprobar as listaxes definitivas de aspirantes
admitidos e excluídos das bolsas de traballo de xestión procesual e
administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio
xudicial, e acordar a súa publicación nos taboleiros oficiais da
Dirección Xeral de
Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais
de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así
como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza e na intranet de Xustiza.
Accede al DOG
Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos, así coma o resto da información sobre as bolsas premendo o seguinte enlace (http://cpapx.xunta.es/interinos )
Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos, así coma o resto da información sobre as bolsas premendo o seguinte enlace (http://cpapx.xunta.es/interinos )