COMO NOS AFECTA LA LEY DE PRESUPUESTOS GENERALES DE LA COMUNIDAD AUTONOMA DE GALICIA.


LEI 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Artigo 23. Retribucións do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza
As retribucións do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza reduciranse, en termos anuais, nunha porcentaxe equivalente á porcentaxe resultante da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei.
 Esta redución aplicarase mediante a dedución do complemento específico e do complemento autonómico transitorio.


Artigo 21. Retribucións do persoal funcionario da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público
Un. De conformidade co establecido no artigo 13 desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2013 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade Autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:
d) O complemento específico anual que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe. Este complemento experimentará, respecto da súa contía o 1 de xaneiro de 2012, unha redución equivalente á suma das pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro, e percibirase en doce mensualidades.