ADELANTO EXTRA

En la página de intranet de Xustiza han anunciado  el adelanto de la extra también para el personal de los Juzgados.

Texto literal de la página de Xustiza:

Os funcionarios disporán ate o 11 de xaneiro para solicitar o anticipo do 50% da paga extra de xuño
O DOG (Diario oficial de Galicia) publicou o pasado 28 de decembro de 2012 o Decreto 263/2012, no que se regulan as condicións para solicitar o anticipo do 50% da paga extra correspondente ao mes de xuño xunto coa nómina de xaneiro. Para iso será necesario solicitalo antes do 11 de xaneiro de 2013.
O decreto sinala que terán dereito ao anticipo o persoal funcionario, laboral e estatutario da Administración xeral da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e dos entes instrumentais recollidos na disposición transitoria terceira, punto 5, da  Lei 16/2010
Os interesados que así o soliciten antes do 11 de xaneiro, percibirán xunto coa nómina correspondente ao mes de xaneiro, un anticipo igual a metade da cantidade que lle corresponderá na paga extra de xuño de 2013 polos conceptos de soldo base, trienios e complementos de destino ou contía equivalente.
Para formalizar a solicitude, os interesados deberán cubrir o anexo I que figura nas instruccións para a solicitude do anticipo e presentalo no servizo de persoal que xestiona as súas nóminas. Os servizos de persoal disporán dende hoxe (venres, 4 de xaneiro) dunha pantalla na aplicación de nómina na que introducirán o NIF dos solicitantes. 

Enlace
http://intranetxustiza.xunta.es/web/d.x.xustiza/inicio