A
partir do próximo 1 de novembro porase en funcionamento o novo sistema
de control horario de fichaxe na terminal informática (PC) do posto de
traballo, a través da tarxeta corporativa
de identificación persoal.
Os
primeiros órganos onde se habilitará o dito sistema serán os xulgados
do social e o xulgado de primeira instancia nº3 (con funcións de
rexistro civil),
ambos da cidade de Santiago de Compostela. Unha vez comprobada
nestas unidades a correcta xestión das marcaxes e o posterior
procesamento dos datos, o sistema iráse estendendo de forma gradual ao
resto de órganos da Administración de xustiza (xulgados,
fiscalías e subdireccións do IMELGA), existindo a previsión de que a
final de ano o proceso estea rematado.
Os
funcionarios dos órganos onde quede habilitado o novo sistema de
fichaxe deberán utilizar éste para realizar as súas marcaxes diarias xa
que, automaticamente, quedará deshabilitada
a posibilidade de fichar polo sistema antigo (máquinas existentes nos
edificios xudiciais). As tarxetas de fichaxe antigas deberán remitirse
aos servizos de persoal da xefatura territorial correspondente.
As
xustificacións das posibles faltas de fichaxe por ausencias totais ou
parciais do posto de traballo (fallo do sistema informático,
esquecemento da tarxeta, enfermidade ata o cuarto
día, asistencia a consultas médicas…) deberán facerse cubrindo os
modelos existentes na Oficina de Persoal da Administración de Xustiza
(OPAX), seguindo a continuación o procedemento habitual de visado polo
superior funcional e remisión aos servizos de persoal
da xefatura territorial correspondente.
Na
intranet de Xustiza estará dispoñible información para resolver as
posibles dúbidas que xurdan en relación co sistema de fichaxe no PC. As
consultas tamén poderán dirixirse ao Cau
de xustiza, teléfono: 981 54 62 23 .