📢 UGT RECLAMA REFORZOS URXENTES PARA O SERVIZO DE EXECUCIÓN PENAL EN SANTIAGO
Dende UGT Xustiza, informamos que a día de hoxe 13 de maio presentamos por sede electrónica unha solicitude urxente ante a Dirección Xeral de Xustiza esixindo medidas inmediatas ante a situación crítica que atravesa o novo Servicio Común de Execución Penal do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.
O novo servizo arrancou o 1 de xaneiro de 2026 con só 10 funcionarios/as (4 xestores/as e 6 tramitadores/as), cando antes da implantación do novo modelo organizativo un mínimo de 14 persoas xa tramitaban estas executorias nos distintos órganos xudiciais de Santiago. Esta redución do 30% da plantilla prodúcese mentres:
A entrada de executorias nos Xulgados do Penal subiu un 45% no último ano.
Sumáronse as competencias da Audiencia Provincial, os tres antigos xulgados de instrución e da nova praza de Violencia sobre a Muller.
A inminente chegada de máis de 200 pezas do caso Alvia.
Mentres aquí 10 persoas soportan toda a carga, cidades cun volume de entrada asuntos case idénticos contan con máis persoal:
Lugo: 15 funcionarios/as.
Ourense: 14 funcionarios/as.
UGT solicita:
O nomeamento urxente e inmediato de 4 prazas de reforzo.
Consolidación estructural destas prazas na RPT.
Plan de formación específico en execución penal para o persoal presente e futuro.
Non permitiremos que a implantación do Tribunal de Instancia sexa a escusa para recortar dereitos e precarizar as condicións laborais en Galicia.
¡ASÍ VAI SER QUE NON!