Listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

No DOG de hoxe ( 22-7-2021) publícase RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Enlace o DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210722/AnuncioG0595-140721-0001_gl.pdf