FORMACIÓN EGAP: SE CONVOCAN AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO
No DOG de 08/03/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
Poderá participar: O persoal ao servizo (...) da Administración de xustiza de Galicia; (...) que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Acceso ao contido completo da convocatoria no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210308/AnuncioO150-260221-0001_gl.pdf