FORMACIÓN EGAP: CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS
No DOG de 03/03/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55. horas da data de finalización.
Acceso á convocatoria no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210303/AnuncioO150-240221-0001_gl.pdf