CONCURSO DE TRASLADOS 2021 – DOS CORPOS DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, E DE AUXILIO XUDICIAL – CORRECCIÓN DE ERROS

 

No DOG de 23/12/2020 publicouse a seguinte disposición da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo:


CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 28 de xullo de 2020.


Acceso ao contido da Resolución 11/02/21 (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0595-220221-0001_gl.pdf


(Nova redacción do punto noveno)

«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na nova localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados amplíaselles o devandito período.

Para iso, unha vez que finalice o prazo de toma de posesión establecido nos puntos sexto e sétimo, se continúan sen atopar aloxamento deberán comunicalo á xerencia ou comunidade autónoma e achegar a documentación xustificativa suficiente, e prorrogaráselles o prazo durante os tres días hábiles seguintes, debendo tomar posesión o cuarto día hábil no seu órgano de destino».