PRODUTIVIDADE VIOLENCIA DE XÉNERO SOBRE A MULLER (VXM) ANO 2026

 UGT JUSTICIA INFORMA

PRODUTIVIDADE VIOLENCIA DE XÉNERO SOBRE A MULLER (VXM) ANO 2026

A DXX remitiu a seguinte información:

Segundo o artigo 2.c da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirán un complemento retributivo por obxectivos o persoal funcionario do Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. Unha vez pechada definitivamente a estatística correspondente aos datos do ano 2025, constátase que cumpren o criterio establecido no artigo 2.c da dita resolución os seguintes servizos comúns de tramitación do tribunal de instancia que asumen a materia de violencia sobre a muller:


SCT de Betanzos

SCT de Carballo

SCT de Monforte de Lemos

SCT de Viveiro

SCT de Barco de Valdeorras

SCT de Ponteareas

SCT de Vilagarcía de Arousa

SCT de Tui

SCT de Cangas

SCT de Lalín

SCT de Cambados

SCT de Redondela

SCT de Porriño

SCT de Marín

 Asignarase con efectos económicos dende o 01.01.2025 o complemento de produtividade ao persoal funcionario dos centros de destino anteriores dentro dos límites establecidos na devandita resolución.

A certificación da Dirección do servizo común farase de xeito mensual e poderá facerse a través da OPAX.