UGT JUSTICIA INFORMA
CONVOCATORIA PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMDIX
Hoxe publicouse no DOG as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.
Establécense as seguintes convocatorias de probas:
Nivel | Convocatoria | Días das probas | Horarios | Prazo de inscrición |
Iniciación | Febreiro | 25, 26 e 27 | 10.00 h | Do 19 ao 28 de xaneiro |
Intermedio | Abril | 28, 29 e 30 | 10.00 h | Do 16 ao 25 de marzo |
Iniciación | Xuño | 17, 18 e 19 | 10.00 h | Do 4 ao 13 de maio |
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado na base Primeira.1 deste anexo.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.