UGT JUSTICIA INFORMA
COMPLEMENTO PRODUTIVIDADE NOS XULGADOS VXM
La DXX ha informado de lo siguiente:
Segundo o a cláusula 6 do Acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, percibirán un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual que percibiría aquel persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller segundo a seguinte clasificación:
a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galicia son os da Coruña e Vigo).
b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:
· Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol
· Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela
· Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo
· Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense
· Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra
c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.
Na estatísca correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2024 constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Vilagarcía de Arousa
Polo que catro novos xulgados pasan a cumprir o requisito da cláusula 6.c, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2025:
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín