CONCURSO DE TRASLADOS: Prazas que sairán e Datas • PROMOCIÓN INTERNA 2022: Prazas que se ofrecerán en Territorio Ministerio e Comunidades • PROCESOS SELECTIVOS: Bases das Convocatorias

 


O Ministerio de Xustiza tenta reaccionar e, agora pretende sacar os atrasos da súa secular ineficacia. Na reunión que se celebrou o pasado xoves, a fume de carozo, puidéronse tratar algúns dos múltiples asuntos que teñen pendentes nos Servizos Centrais. Vexamos.



CONCURSO DE TRASLADOS 2022: 

A páxina web (https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/Concurso-traslados-ordinario-Gestion-Tramitacion-Auxilio-2022) do Ministerio publica a seguinte noticia:


Información sobre prazas vacantes e desertas.

Concurso de traslados 2022 Xestión, Tramitación e Auxilio.

Data prevista de publicación no BOE: 3-9-2022

Prazo presentación instancias: 5 ao 16 setembro 2022

O Ministerio remitiu a UXT Xustiza (e o restos das organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Ministerio CCOO, CSIF, STAJ, CIG) as prazas que se convocarán como Vacantes en Territorio Ministerio. Deixamos, a continuación, detalle delas elaborado por UXT en .pdf:


VACANTES  CONCURSO 2022 MINISTERIO DE XUSTIZA

VACANTES  CONCURSO 2022 GALICIA

VACANTES  CONCURSO 2022 ANDALUCIA

VACANTES  CONCURSO 2022 ASTURIAS


VACANTES  CONCURSO 2022 CANARIAS

VACANTES  CONCURSO 2022 CANTABRIA

VACANTES  CONCURSO 2022 CATALUÑA

VACANTES  CONCURSO 2022 MADRID

 VACANTES  CONCURSO 2022 VALENCIA


 PROMOCIÓN INTERNA 2022:


Manteñen como data factible de realización dos exames o día 8 de outubro (o mesmo día para a Promoción a Xestión e para a promoción a Tramitación).


O que si teñen xa decidido desde o Ministerio son as prazas que se van a ofrecer ás persoas que superen os procesos selectivos en Territorio Ministerio (recoñezamos, por unha vez, un bo traballo, o que se saiban exactamente por que prazas prepárase ou non a oposición); deixamos a elaboración que fixo UXT Xustiza: 


DESERTAS QUE SE VAN OFERTAR A PROMOCIÓN INTERNA NO AMBITO DO MINISTERIO

PROCESOS SELECTIVOS POSTERIORES:

Á parte da Promoción Interna 2022, tamén se trataron xa as convocatorias do proceso selectivo de quenda libre que pretenden convocar en setembro.

En principio, teñen a idea de que sexa oposición libre, sen concurso de méritos, pero aínda con algunha dúbida. 


Deixamos, a continuación, dous documentos: Por unha banda o Borrador de Convocatoria (os tres Corpos Xerais na mesma Orde Ministerial), así como un resumo dos exercicios realizado por UXT. E ligazón á páxina de UXT Xustiza onde se expón o estado da negociación: