AS ORGANIZACIONS SINDICAIS LOGRAN QUE A DIRECCIÓN XERAL RETIRE A INSTRUCCIÓN RELATIVA O DESFRUTE DOS ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS

Esta mañá a Dirección Xeral de Xustiza publicou na intranet xudicial unha Instrución informando da revogación dos días de asuntos propios e vacacións concedidos para o mes de febreiro así como de que non se concederá ningún permiso durante ese mes. Esta medida inxustificada é unha clara represalia ás accións reivindicativas levadas a cabo polo persoal de Xustiza nas últimas semanas e, sobre todo, polo preaviso de folga anunciado para o vindeiro día 7 de febreiro. 

As organización sindicais recorremos esta medida atentatoria contra os dereitos laborais fundamentais así como estudiar as responsabilidades patrimoniais nas que a Administración pode incurrir con esta medida.

Unha vez máis, a Dirección Xeral está a empregar un medio público e de tod@s como é a intranet xudicial para facer partidismo e publicar información manipulada con respeto ao conflito para desmobilizar aos traballadores e traballadoras que de xeito maioritario están a secundar as accións de protesta.
Una vez presentada a denuncia a retirou da intranet a mencionada instrucción.

As organización sindicais tamen remitimos unha nota de prensa sobre actitude represora da Dirección Xeral  que esta a utilizar intranet para recortar os nosos dereitos. 

REFLEXO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
La Xunta suspende días libres y vacaciones al personal de Justicia por la huelga 
http://www.farodevigo.es/galicia/2018/01/30/xunta-suspende-dias-libres-vacaciones/1828933.html