PLAN DE VACACIONES 2014

No día de hoxe remitiusenos o plan de vacaciones para o ano 2014, que será publicado na intranet mañana.

DESCARGA O ARQUIVO.

2. PLANIFICACION EN ATENCION ÁS NECESIDADES DE SERVIZO DOS CENTROS DE TRABALLO.

2.1. A planificación das vacacións anuais realizarase distinguindo dúas tempadas:
  • TEMPADA “A”:ADA “A”:
    • Do 01/07/2014 ata 30/09/2014
    • Semana Santa: 14/04/2014 ata 16/04/2014
    • Nadal: 23/12/2014 ata 06/01/2015
  • TEMPADA “B”:
    • Do 7/01/2014 ata o 11/04/2014
    • Do 21/04/2014 ata o 30/06/2014
    • Do 1/10/2014 ata o 22/12/2014
    • Do 07/01/2015 ata o 15/01/2015

2.2. A concesión das vacacións estará condicionada ao respecto das porcentaxes de permanencia no centro de traballo que se especifican no punto 9.
5. SOLICITUDES
As solicitudes de vacacións deberán presentarse de acordo coas seguintes regras:
5.1.Solicitude e presentación
5.1.1 De acordo co artigo 12 da Resolución do 12 de febreiro pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e máis á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, as solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da OPAX e asinaranse electrónicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.
O secretario ou secretaria xudicial, fiscal xefe ou director/a ou subdirector/a do Imelga, informará sobre a incidencia da petición sobre o funcionamento do servizo. No caso de que o informe sexa negativo, farase constar a súa motivación que será estudiada por este centro directivo en atención ao establecido no presente plan de vacacións.
Unha vez informadas e validadas electronicamente polo superior funcional, as solicitudes pasarán inmediatamente a estar dispoñibles no buzón de entrada da OPAX do servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente para a súa resolución.
No caso de que por razóns de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, o persoal funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado, a través dos seguintes números:
A Coruña.- 981184450
Lugo.- 982294266
Ourense.- 988386384
Pontevedra (Vigo).- 986817001
Neste segundo caso, na unidade de destino conservarase o orixinal da solicitude, coa data acreditativa da presentación, e o informe para efectos de consulta ou comprobación durante a vixencia deste programa.
5.1.2 As vacacións gozaranse  dentro do ano natural e ata o día 15 de xaneiro do ano seguinte.
5.1.3 Cando, con posterioridade ao 1 de xaneiro de cada ano, tomasen posesión en Galicia funcionarios procedentes de postos da Administración de xustiza doutras comunidades autónomas que estean en servizo activo, os interesados deberán achegar unha certificación da Administración competente en materia de recursos humanos relativa ao tempo de vacacións consumido no exercicio anual. Se non as consumiron, quedarán revogadas as vacacións concedidas pola Administración pública competente na Comunidade Autónoma de procedencia e se solicitarán  novamente ao órgano correspondente segundo o previsto no punto 5.1.1.
5.1.4 Nos supostos de pedimento de urxencia, achegarase a documentación que a xustifique.
5.2. Prazo de presentación
5.2.1. As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:
-Para vacacións durante a tempada “A”
-As vacacións de verán solicitaranse ata o 21 de maio, as de Nadal ata o 15 de decembro.
-Para vacacións durante a tempada “B”
-Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.
9. PROCENTAXES DE PERMANENCIA DE FUNCIONARIOS NA UNIDADE SEGUNDO OS TIPOS DE CENTRO DE TRABALLO
Durante a tempada A deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos Rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%. Durante a tempada B deberán permanecer como mínimo os seguintes efectivos, segundo o tipo de centro:
9.1. Tribunais (Tribunal Superior de Xustiza, audiencias provinciais): 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.2. Xulgados mixtos: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.3. Xulgado de instrución: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.4. Xulgados de primeira instancia, do mercantil e do social: 80% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.5. Xulgados do penal, de violencia sobre a muller, de menores e de vixilancia penitenciaria: 75% do cedro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.6. Rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo: o 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.7. Xulgados de paz: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.8 Fiscalías: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.9. Servizos comúns, decanatos e outras oficinas e servizos: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.