PLAN ANUAL DE VACACIÓNS


 
Publicado o programa anual de vacacións para o persoal ao servizo da Administración de xustiza
Acaba de publicarse o programa anual de vacacións para o persoal funcionario da Administración de xustiza que presta servizos en Galicia para o presente ano 2012. Para unha maior comodidade e unha mellor xestión, as solicitudes poderán ser cursadas a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (AIX) sen necesidade do uso de papel na súa tramitación.
Unha vez feitas as solicitudes, asínanse electronicamente co certificado de empregado público que contén a nova tarxeta identificativa, co DNI electrónico ou con calquera certificado emitido pola FNMT. Estas peticións pasan directamente á caixa de correo do superior funcional para a súa validación e sinatura electrónica. Despois desta segunda sinatura, a petición trasládase ao servizo de Xustiza correspondente para a súa resolución.
Con esta nova ferramenta o estado das solicitudes está visible en todo momento tanto para o persoal solicitante coma para o superior funcional, e supón unha mellora nos tempos de tramitación e un aforro no que a custos materiais se refire.
Os destinatarios deste programa son os funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial) en servizo activo. As condicións, a planificación e os baremos pódense consultar no
Programa anual de vacacións 2012.